O derradeiro venres os alumnos de 1º da ESO B estiveron visitando o Centro de Interpretación do Parque Nacional das Illas Atlánticas. No centro puideron aprender sobre as diferentes especies de flora e fauna que teñen o seu fogar no parque. De entre elas, destaca a Gaivota Patiamarilla que ten nas Illas Cíes unha das maiores colonias a nivel mundial.