Comedor
Alimentación e saúde
A Escola dispón de cociña e un comedor independente onde cada día se elaboran e se serven os menús programados.
Durante este tempo un equipo de monitores faise cargo tanto da atención aos alumnos como da supervisión do servizo.
Para iso contamos con dúas empresas especializadas: Ixugajo, S.L. e Koremi
As nosas prioridades son:
- Asegurar unha dieta sa e equilibrada:
Os nosos menús baséanse nas recomendacións da Consellería de Sanidade e as directrices establecidas por NAVES (Estratexia para a Nutrición, Actividade Física e Prevención da Obesidade) ditaminada pola Axencia de Seguridade Alimentaria. Contamos ademais co asesoramento dunha nutricionista á hora de deseñar o menú de cada mes. O menú escolar publícase mensualmente. - Previr posibles trastornos alimenticios:
compartimos a preocupación dos pais por garantir o control e por iso o noso persoal de comedor fai un seguimento exhaustivo de cada alumno. - Estritos controis de calidade e seguridade:
aseguramos unha calidade e control absolutos. - Dietas especiais.
A pedimento das familias sérvense dietas pensadas para responder as necesidades de alumnos con alerxias, intolerancias ou recomendacións médicas, tratando de garantir que todos os alumnos se sintan integrados no comedor. - Promover bos hábitos:
o comedor é tamén un ámbito educativo.
Información xeral
O comedor funciona todos os días lectivos a partir das 14:30 horas.
O prezo deste servizo é por día, é dicir, cada mes factúranse as comidas servidas.
Os alumnos que quedando a xantar na Escola non realicen actividades extraescolares, terán que asistir a estudo ata as 17:30.
Supervisora do centro: Clara Bernárdez Seoane
Modalidades de reserva
Diaria:
É necesario que cando os vosos fillos quedaren a comer nolo comuniquedes antes das 10:00, ben telefonicamente ben mediante unha nota escrita.
Fixos:
Aqueles días de semana que consideredes (por exemplo, os luns, martes…). Nese caso, se por calquera circunstancia non quedasen, é importante que nolo fagades saber igualmente.