A Escola dispón para os seus alumnos dun servizo de actividades extraescolares entre as 16:00 e as 17:25 horas ao longo de todo o curso. A súa xestión, salvo as clases de preparación dos exames de Cambridge que as organiza a propia Escola, corre a cargo da empresa viguesa de servizos deportivos: Koremi. Están orientadas, ao deporte, a expresión artística e outras áreas non curriculares. Entre outras dispoñemos de: robótica, talk talent, Funenglish, intelixencia emocional, patinaxe, etc

Para cada unha delas establécense uns obxectivos e contidos específicos sempre pensando en fomentar o desenvolvemento persoal nun ambiente adecuado de respecto e valores.

Máis información sobre as actividades extraescolares así como a listaxe aquí.

Supervisora no centro: Débora Lorenzo (Tlf. 685 203 756).

Tamén contamos con actividades orientadas á obtención dos certificados de Cambridge. 

Actividades extraescolares de Cambridge

Supervisora no centro: Clara Bernárdez Seoane (Tlf. 986 420 433).

Clube deportivo

O Clube Escola Rosalía é externo ao programa escolar. Dispón de tres secciones:

Alternativas

Adicionalmente, para aqueles alumnos que non desexen realizar ningunha actividade extraescolar, existe a alternativa de que os alumnos asistan a Estudo.