Hoxe os alumnos de 6ºEP da Escola colaboraron coa repoboación que está a facer a comunidade de montes de Valadares.


As árbores que plantaron conseguíronse grazas á recollida de tapóns na Escola.

Esta iniciativa é froito da colaboración co proxecto “CoRRRes” (Recicla-Reutiliza-Reforesta) promovido polos eventos deportivos “Desafío Boot Camp” e “Media Maratón de Vigo” .