Publicacións
Revista Trisquel
O eixe fundamental que sustentou a idea de publicar a nosa revista, TRISQUEL, foi a necesidade de afianzar entre os nosos alumnos o concepto de “cooperación”.
No ano 1985 publicouse por primeira vez, pero, ese primeiro número non arrancou con forza e non logrou superar a falta de financiamento. Foi a partir de 1997 cando comezou a editarse cunha periodicidade continua, mantendo o título inicial.
A revista é de autoría colectiva. Non existe de antemán previsión de quen serán os colaboradores en cada exemplar. Os traballadores de cada curso selecciónanse con miras a conseguir diversidade de desenvolvemento dentro dun amplo contido común. A selección realízana os xefes de departamento de cada área de aprendizaxe.
Blogues
Blogues dos diferentes departamentos da Escola Rosalía de Castro.
Podcast Radio
50 anos en papel
Neste libro 50 anos en papel, reflectimos un intento de compilar cinco décadas de historia viva. En todos estes anos foron facendo camino… milleiros de viviencias, anécdotas, aprendizaxes, momentos inesquencibles, momentos complexos… Imposible sería reunir todos e cada un dos testemuños, fisicos ou intanxibles. Nestas páxinas tentamos facer acopio, sistematización e compilación dunha cativa pero significativa mostra do traballo e a memoria colectiva de todos aqueles que formaron e forman a enorme comunidade educativa que tivo e ten ao Rosalía como referencia nunha parte importante das súas vidas. Pedimos excusas por todo o que non apareza incluído pero pretender abranguer todo sería imposible
El País de los Estudiantes
Dende o ano nosa Escola participa no concurso escolar “El País de los Estudiantes”. Recibimos tódolos anos, dende o mes de febreiro, diariamente, este xornal co fin de que os nosos alumnos contacten coa actualidade internacional e do noso país.
A finalidade deste proxecto é a realización dun periódico por parte do alumnado, no noso caso de 1º de bacharelato, no que se recollen noticias de actualidade así como aquelas de interese para os alumnos e o propio centro.
Faísca da Ciencia
É unha publicación trimestral de contido divulgativo, lúdico e de “investigación” en tódalas ramas das ciencias.
Faísca ten unha ampla experiencia anterior, cinco anos, con outro nome e con algúns contidos diferentes: “A Folla Matemática”.
O seu contido ten bastante variación, a pesar de que se lle segue adicando bastante espazo ás adiviñas matemáticas, a súa orientación é cara ás ciencias, (Naturais, Física, Química, Tecnoloxía, Matemáticas, Astronomía….
Ten, algunhas reflexións sobre a Historia da Ciencia, “investigacións” feitas na Escola, aínda que a súa parte forte é “O laboratorio na túa casa”, unha sección feita para que o seus lectores poidan experimentar algunha que outra práctica, facendoas sempre con coidado, con aparatos e substancias “correntes” na súa casa. Iso sí: dependendo da súa idade deberá estar ou non ó coidado dun adulto.
Ten unha sección adicada a consultas: “Por que ….?”, onde utilizando “O buzón do Recanto”, poden consultar esas preguntas que, de cando en vez, xorden no pensamento: “porqué o ceo é azul?” ou “onde vai a auga cando baixa a marea?”, etc.
Na “Faísca da Ciencia” inclúese un amplo abano de curiosidades da ciencia, humor sobre ciencias ou sobre científicos, citas de pensadores, … todo iso na sección “O Revoltallo”.
Dez días no camiño
“Ao longo do curso 91-92 e, perante a perspectiva da celebración do Ano santo, xurdiu a idea de retomar unha das saídas que durante anos se fixera con alumnos de 1º de BUP : O Camiño de Santiago… A saída tería unha duración de dez días e constaría de oito etapas. Cumprían como mínimo seis profesores, e non iría mal algún “pai abnegado” que se ofrecera voluntario para nos acompañar coa furgoneta de apoio, elemento indispensable polas zonas de difícil acceso… Por fin chegou a gran día, partimos cara a Roncesvalles. Dous autobuses, moitos nenos e nenas, moitas bolsas e unha chea de pais cheos de anguria que dicían adeus. Cumpríronse as expectativas, a saída pagou a pena”.
Así comenza este libro que nos relata todas as vivencias e anécdotas desta saída que durou “Dez días no camiño”.
Folla Matemática
Naquel setembro de 1999, algúns dos membros do Departamento de Ciencias (na nosa Escola, este Departamento inclúe as seccións de Matemáticas, Física, Química, Naturais, Tecnoloxía, …) asistimos ás JAEM, que aquel ano se celebraban en Lugo.
Os nosos poemas
“Adicamos istes poemas á memoria de Pablo Picaso, Pablo Casals, Pablo Neruda, David Siqueiros e Urbano Lugrís.”
Os nenos poetas da Escola Rosalía de Castro. Curso 1973-74.