En Rosalía, dende infantil a bachalerato, educamos fomentando a curiosidade e o interés polo coñecemento.

Por iso,como Escola, é un orgullo saber que temos a 3ª mellor media na ABAU en Galicia (por pouco non somos a 2ª).

Parabéns aos nosos alumnos/as que co seu traballo conseguiron estes resultados!! E grazas a toda a comunidade que forma o Rosalía, porque isto é un éxito de todos.