Inés Liz Carnero (4º ESO A) gañou o concurso de relato breve en lingua galega organizado pola Fundación Liste, do Museo Etnográfico de Vigo co gallo do Día das Letras Galegas. O seu relato (“Heroínas e heroes”) poderédelo ler no vindeiro número da revista Trisquel.