Etapa secundaria
Educación secundaria na nosa escola
Esta etapa educativa obrigatoria dá continuidade á etapa de Educación primaria e que comprende catro cursos académicos, entre os 12 e os 16 anos, estruturándose en dous ciclos: o primeiro que abrangue dende 1º ata 3º ESO, e o segundo dun só curso, 4º da ESO.
Durante estes anos impártese a formación necesaria encamiñada a proseguir estudos posteriores tanto de Bacharelato como de Formación Profesional de grao medio e obtendo o título facilita a inserción laboral.
A finalidade da ESO é lograr que o alumnado adquira os elementos básicos de cultura, nun ámbito humanístico, artístico, científico e tecnolóxico. En definitiva, transmitir os elementos básicos da cultura e formalos para asumir os seus deberes e exercer os seus dereitos así como preparalos para a súa incorporación á vida activa ou para acceder á educación secundaria postobrigatoria.
Neste período prestamos especial atención á titoría persoal do alumnado, así como á súa orientación educativa, psicopedagóxica e profesional. Concibimos a aprendizaxe como motor de desenvolvemento baseándonos na procura da autoestima, na responsabilidade persoal e na adquisición do coñecemento a partir da creatividade, curiosidade e capacidade de experimentación.
A ESO contribúe a desenvolver no alumnado, entre outras, as seguintes capacidades:
- Coñecer, asumir responsablemente os seus deberes e exercer os seus dereitos no respecto aos demais, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e grupos, exercitarse no diálogo, afianzando os dereitos humanos como valores comúns dunha sociedade plural, aberta e democrática, e prepararse para o exercicio da cidadanía.
- Adquirir, desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo como condición necesaria para unha realización eficaz dos procesos da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.
- Fomentar actitudes que favorezan a convivencia nos ámbitos escolar, familiar e social.
- Valorar e respectar, como un principio esencial democrático, a igualdade de dereitos e oportunidades de todas as persoas, con independencia do seu sexo, e rexeitar os estereotipos e calquera discriminación.
O traballo diario
Partindo do P.A.T. (Plan de Acción Titorial) xunto co Equipo de Orientación faise un constante seguimento da evolución persoal e académica de cada alumno, intensificándose a acción titorial individualizada, tanto cara aos alumnos, coma cara ás súas familias.
Para iso desenvolvemos :
Integración das TIC
Ao igual que no resto de etapas, valoramos a integración das TIC no proceso de ensinanza-aprendizaxe primando un uso e manexo racional. Os cambios sociais e tecnolóxicos obrigan a que as ensinanzas se axusten a estas ferramentas e se potencie entre o alumnado a súa aplicación pedagóxica, sendo o seu uso unha ferramenta máis dentro do proceso de aprendizaxe, colocándoas no espazo e co peso necesario como parte do proceso de aprendizaxe.
Por outra parte, as TIC son unha ferramenta habitual nos nosos días e son empregadas para o traslado de información aos alumnado e as familias a través da Intranet do colexio, sempre dando prioridade á información persoal nas cuestións persoais e académicas.
A experiencia do profesorado e de todo o persoal do centro, avalado pola nosa traxectoria e resultados, é a nosa maior garantía á hora de ofertar a que entendemos que é a mellor formación persoal e académica para o noso alumnado.