Educación primaria na nosa escola

A etapa de Educación Primaria comprende seis cursos entre os 6 e os 12 anos de idade. De cada un deles, na escola temos dúas liñas de 25 alumnos cada unha.

Comeza nesta etapa o camiño da lecto-escritura como base para plasmar os coñecementos novos en todas as linguas e materias que a conforman. Para isto partimos dos piares da maduración que alcanzou o alumnado tralo seu paso pola etapa de educación infantil.

A pedagoxía do profesorado  nesta etapa, baséase no respecto e a estimulación das capacidades e aptitudes do seu alumnado. Deste xeito, axudaremos  a que cadaquén acade o seu máximo potencial en tódolos ámbitos na vida e que experimente alegría e interese por aprender e desfrutar así dun correcto desenvolvemento. Durante este anos medra o seu pensamento crítico e fórxanse as bases do coñecemento para afrontar cada ano un novo curso con seguridade e confianza.  Todo isto contribuirá a crear e construír una sociedade xusta e digna ao seu redor.

Unha das finalidades desta etapa é dotar ao alumnado de ferramentas (coñecementos, estratexias e hábitos entre outras)  que lle faciliten as cousas tanto á hora de enfrontarse as seguintes etapas de formación na escola como na súa vida diaria.

Etapa Primaria

Características e actividades da etapa de primaria

01
Reunións coas familias ao principio do curso cos titores e profesorado que impartirá clase ao alumnado ao longo do curso.
02
Entrevistas periódicas para favorecer a comunicación entre país e nais e a Escola.
03
Celebración do Halloween/Samaín nos corredoiros decorados polo alumnado para a ocasión e coas cabazas feitas en familia.
04
Celebración do magosto.
05
Montaxe do belén e a árbore de Nadal coas figuriñas de barro e os adornos realizados polos alumnos e alumnas.
06
Festival de panxoliñas de Nadal na paxareira e concerto.
07
Visita e entrega de cartas ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente co reparto de agasallos.
08
Celebración do entroido. Desfilamos pola pasarela, demostramos as nosas dotes de bailaríns na pista e merendamos orellas.
09
Teatro a cargo dunha compañía estranxeira (Clever Pants) que nos deleita cunha función en inglés.
10
Saídas pedagóxicas, con pernocta a partir de 4º.
11
Inclusión das TIC no traballo diario de aula.