Etapa primaria
Educación primaria na nosa escola
A etapa de Educación Primaria comprende seis cursos entre os 6 e os 12 anos de idade. De cada un deles, na escola temos dúas liñas de 25 alumnos cada unha.
Comeza nesta etapa o camiño da lecto-escritura como base para plasmar os coñecementos novos en todas as linguas e materias que a conforman. Para isto partimos dos piares da maduración que alcanzou o alumnado tralo seu paso pola etapa de educación infantil.
A pedagoxía do profesorado nesta etapa, baséase no respecto e a estimulación das capacidades e aptitudes do seu alumnado. Deste xeito, axudaremos a que cadaquén acade o seu máximo potencial en tódolos ámbitos na vida e que experimente alegría e interese por aprender e desfrutar así dun correcto desenvolvemento. Durante este anos medra o seu pensamento crítico e fórxanse as bases do coñecemento para afrontar cada ano un novo curso con seguridade e confianza. Todo isto contribuirá a crear e construír una sociedade xusta e digna ao seu redor.
Unha das finalidades desta etapa é dotar ao alumnado de ferramentas (coñecementos, estratexias e hábitos entre outras) que lle faciliten as cousas tanto á hora de enfrontarse as seguintes etapas de formación na escola como na súa vida diaria.