Etapa infantil
Educación infantil na nosa escola
A Educación Infantil é a etapa educativa que atende a nenas e nenos desde o nacemento ata os seis anos coa finalidade de contribuír ao seu desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual. Está formada por dous ciclos educativos de tres cursos académicos cada un.
No noso centro acollemos a segunda etapa de Infantil con dúas liñas, deste xeito o colexio dispón de seis aulas coa seguinte distribución:
- Dúas aulas para o alumnado de 3 anos
- Dúas aulas para o alumnado de 4 anos
- Dúas aulas para o alumnado de 5 anos
Froito da experiencia de xa 50 anos o ensino en infantil na nosa Escola é plurilingüe. Cada clase está a cargo dun mestre/a titor/a que imparte a maioría das materias curriculares mentres que a psicomotricidade, a música e a expresión plástica están a cargo de mestras especialistas. Tamén contamos cun departamento de orientación que colabora estreitamente na actividade docente nesta etapa.
A formación que impartimos vai máis aló do estritamente académico; formando ao noso alumnado no respecto aos dereitos dos demais e no exercicio da tolerancia, dentro dos principios democráticos de convivencia. Cremos na importancia de formar persoas libres e felices, maduras e responsables, capaces de facer uso do seu xuízo crítico para afrontar os retos da sociedade actual. Ademais facilitarase que os nenos e nenas elaboren unha imaxe de si mesmos positiva e equilibrada e adquiran autonomía persoal.
Os contidos educativos organízanse en áreas correspondentes a ámbitos propios da experiencia e do desenvolvemento infantil e abórdanse por medio de actividades globalizadas que teñan interese e significado para os nenos fomentando a creatividade e as actividades manipulativas baseándonos na súa propia experiencia e fuxindo de estereotipos.
Actividades na etapa de educación infantil
Saídas pedagóxicas
As saídas pedagóxicas en Educación Infantil…un encontro co ambiente para “mirar o cotián” cos ollos da indagación e a pregunta.
Mediar no coñecemento, comprensión e organización da realidade da que os nenos e nenas parten é un desafío para os docentes do nivel inicial. Ver, sentir e actuar sobre o ambiente son eixes centrais sobre os que se organiza a indagación do entorno…as saídas pedagóxicas son a estratexia que o facilita.
Por medio da saída, os nenos e nenas investigan, divírtense, potencian a súa autonomía, fomentan a súa socialización, aprenden significativamente e globalmente, estimulan o seu espírito crítico e creativo, incrementan a relación escola- familia, compensan desigualdades sociais e motívanse.
Abordar unha saída pedagóxica significa “sacar a educación dos espazos pechados onde se acha confinada e trasladala a lugares de reunión, ás fábricas, as prazas, aos parques, ás rúas, é dicir aos espazos públicos.
Así entendida, a escola non é só unha institución que prepara para a vida, senón que é unha institución “viva” que ofrecerá aos nenos e nenas que a transitan a oportunidade de participar da vida do barrio e a cidade, porque é neses escenarios onde debe ocorrer o fenómeno educativo do cidadán/a.
Actividades e festas escolares ao longo do curso
Actividades dirixidas ás familias
A educación comeza na familia e prolóngase na escola. A familia como primeiro ámbito educativo necesita reflexionar sobre as súas pautas educativas e tomar conciencia do seu papel na educación dos seus fillos e fillas.
Dende a escola queremos continuar o voso labor e facilitarvos coñecementos, estratexias e técnicas que axuden na educación dos fillos/as e melloren a relación intrafamiliar no día a día. Deste xeito, proporcionamos ao longo do curso charlas para familias e obradoiros que vos axuden neste labor.
Unha experiencia de saída vai favorecer o desenvolvemento do pensamento, xa que supón:
- Recibir información.
- Contacto directo coa realidade.
- Investigación (manipulación e actuación sobre o medio)
Deste xeito a información chega a eles a través dos sentidos, elemento
fundamental para eles nas saídas.
- Favorecen actitudes de cooperación (levar os materiais entre todos, axudar a outros nenos/as máis pequenos/as, repartir bocadillos, auga…)
- Aceptación de normas de convivencia (esperar a súa quenda, non gritar no autobús, non pisar os asentos, non tirar papeis ou restos de comida ao chan,…)
- Actitudes de respecto e defensa da natureza (non cortar as flores, non pisar xardíns, protexer aos animais…).
- Favorecer o proceso de socialización axudándolle a superar o egocentrismo tan propio desta etapa.
- Axudan a desenvolver vínculos afectivos con outros adultos.
- etc.
- Ofrece realidades amplas, globais.
- Favorece a motivación dos nenos e nenas.
- Atende aos seus intereses e necesidades.
- Proporciona unha aprendizaxe significativa.
- Pódense traballar todos os ámbitos de coñecementos e experiencias de forma lúdica e flexible.
En conclusión, abrir as portas ao contexto e saír ao seu encontro, “facer uso” das relacións escola-cidade implica outra forma de pensar a institución escolar, adoptar outros modos de organizar espazos e tempos e renovar as prácticas pedagóxicas, é en definitiva reinventar a escola.