Ante a declaración feita polo presidente da Xunta de Galicia na que comunica que a partir do luns entra en vigor a “suspensión da actividade lectiva e extraescolar durante 14 días” e a recomendación de que as familias eviten levar aos fillos a clase a partir de mañá, queremos darvos as grazas de antemán polo esforzo que teredes que facer a partir deste momento para conciliar as vosas actividades con dita suspensión.

Debemos de pensar que todo isto é para salvagardar a saúde de todos e todas os que formamos parte da Familia Rosaliana, polo que estes esforzos están máis que xustificados.

Estaremos en contacto para informarvos de calquera novidade que se vaia producindo.