CPR PLURILINGÜE ROSALÍA DE CASTRO  (36011270)

 

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS/ AS DE NOVO INGRESO

PARA O CURSO 2023-24

 

  • Prazo de presentación de solicitudes ordinarias: Do 1 ao 20 de marzo, ambos incuídos. Horario de Secretaría para entrega de solicitudes presenciais: de 9:00 a 14:00 h.
  • Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremación alegados: do 21 de marzo ao 4 de abril (ambos inclusive); 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
  • Publicación das listaxes provisionais: o 25 de abril

 Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido.

 

  • Resolución de reclamacións e publicación de listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido: o 15 de maio
  •  Prazo de matrícula para Ed. Infantil e Primaria: do 20 ao 30 de xuño
  • Prazo de matrícula para Ed. Secundaria: do 23 de xuño ao 7 de xullo
  • Criterio complementario do propio centro (1 punto): Que un dos proxenitores sexa ex-alumno/a do centro.
  • Área de influencia Ed. Infantil – Ed. Primaria: zona 12
  • Área de influencia para ESO: zona 8

* INFORMACIÓN IMPORTANTE:

  1. Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.

Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

 

  1. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.

 

  1. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.

 

  1. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.

 

De conformidade co artigo 8 da correspondente Orde de admisión “Declaración da perda do dereito a participar no procedemento”:

Poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento de admisión ordinario:

  1. Indicar datos na solicitude que non se axusten ás circunstancias reais do alumnado ou da unidade familiar.
  2. Achegar documentación que reflicta datos que non se axusten ás circunstancias reais do alumnado ou da unidade familiar.
  3. Presentar solicitude de admisión sen renunciar expresamente á anterior ou anteriores.
  4. Presentar solicitude de admisión sen ter renunciado expresamente á praza reservada a día 28 de febreiro (este incluído).

AnexoII – Solicitude de admisión

Vigo, 28 de febreiro de 2023