ABERTO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS/ AS DE NOVO INGRESO
PARA O CURSO 2022-23

Prazo de presentación de solicitudes ordinarias: Do 1 ao 21 de marzo, ambos incluídos
Horario de Secretaría: de 9:00 a 14:00 h.

  • Prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios de baremación
    alegados: do 24 de marzo ao 6 de abril (ambos inclusive); 10 días hábiles contados a
    partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
  • Reunións dos Consellos Escolares, publicación de listaxes provisionais: antes do 26 de
    abril
  • Prazo de reclamacións ás listaxes provisionais: ata 5 días hábiles, contados a partir do
    seguinte ao da súa publicación
  • Resolución de reclamacións e publicación de listaxes definitivas: antes do 15 de maio
    Prazo de matrícula para Ed. Infantil e Primaria: do 20 ao 30 de xuño.
  • Prazo de matrícula para Ed. Secundaria: do 25 de xuño ao 10 de xullo.
  • Prazo extraordinario de matrícula para ESO e Bacharelato: do 1 ao 10 de setembro.
  • Criterio complementario do propio centro (1 punto): Pai/ nai ex-alumno/a do centro.

* INFORMACIÓN IMPORTANTE:

1. Que cada alumna e alumno só pode presentar unha ÚNICA solicitude no centro no que
solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos
dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de
admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
3. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión
noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de
presentación de solicitudes de admisión.
De conformidade co artigo 34 da correspondente Orde de admisión, dará lugar á perda do
dereito de prioridade:
a) A solicitude presentada fóra de prazo
b) A presentación de máis dunha solicitude, así como a presentación dunha solicitude de
admisión estando vinculado por reserva
c) As solicitudes que presenten datos que non se axusten a circunstancias reais do
alumnado
d) As solicitudes acompañadas por documentación que reflicta datos que non se axusten
a circunstancias reais.

ANEXO II (ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS
PÚBLICOS)

 

 

Vigo, 25 de febreiro de 202