Maria Montessori (1970-1952) foi unha educadora, científica, médico, filósofa, feminista, e humanista italiana, coñecida polo método que leva o seu nome. Foi a primeira médica italiana na era moderna, e desde o seu posto dedicouse a tratar de educar a quen se consideraba “ineducable” na Roma do seu tempo e abriu a súa primeira escola, en Roma, o 6 de xaneiro de 1907.

Cómpre destacar algunhas das súas obras: Il metodo della pedagogia scientifica applicata alléducaziones intantile nelle case dei Bambini (1909), Autoeducazione nelle scuole elementare (1916), A paix et léducation (1932) e Manuale dei pedagogia scientifica (1935).

Método Montessori

O método Montessori de educación, que se derivou da súa experiencia, aplicouse con éxito e é moi popular en moitas partes do mundo. A pesar das críticas recibidas nas décadas de 1930s-1940s seguiuse aplicando e actualmente vive unha revitalización.

A partir do Primeiro Curso Internacional Montessori, que tivo lugar en Roma en 1913, a pedagoxía montessoriana adquiriu relevo internacional. O Terceiro Curso Internacional Montessori, primeiro que se celebrou fóra de Italia, tivo lugar en Barcelona, cidade na que pasou varias tempadas. A pesar do carácter espiritualista do corpus montessoriano, a súa obra foi perseguida polo fascismo. Ademais da gran influencia que exerceu a pedagoxía montessoriana en Cataluña antes da guerra civil, cabe destacar a incidencia en Gran Bretaña, EE.UU. e os Países Baixos.

En que consiste o método?

Este método está baseado fundamentalmente no principio de liberdade, actividade e individualidade. Os procedementos prácticos que preconiza baséanse no asociacionismo. A formación intelectual, nos seus comezos, consistirá en recoller datos sensoriais e diferencialos.

O método require un ambiente limpo e adecuado e céntrase primordialmente na educación dos sentidos, a lectura, a escritura, a gramática, os traballos manuais, a música e a formación física. Debe, ademais, desenvolverse pacientemente dentro dunha orde, un equilibrio e unha concentración determinados. As observacións que realizou Maria Montessori levárona á conclusión de que as crianzas atravesan uns períodos sensitivos creadores que a educación debe desenvolver.