A revolta dos Irmandiños, foi unha rebelión popular que tivo lugar en Galicia entre 1467 e 1469.

A principios da primavera de 1467, Galicia sofre unha grave situación socio-económica, fame negra, brotes epidémicos, abusivos impostos e continuos saqueos por parte da nobreza galega, e ao mesmo tempo hai unha crise política, a guerra civil en Castela provocada pola disputa da Coroa.

As clases populares solicitaron permiso ao rei para organizarse nunha irmandade, co fin de acabar coa perversidade dos nobres. En 1467, Enrique IV aprobou a Irmandade do Reino de Galicia. O que en principio estaba pensado para restablecer a orde e protexer os seus intereses, pronto se converteu nunha revolta. Sumáronse a esta xustiza do pobo tanto campesiños como xente de cidade, fidalgos, cabaleiros e algúns clérigos.

As pretensións dos Irmandiños eran simples; romper a relación de vasalaxe, non pagar as rendas do señor e aproveitar o baleiro de poder xerado pola guerra civil en Castela para levantar un novo poder.

É por todo iso que os inimigos dos Irmandiños foron fundamentalmente nobres laicos, donos de castelos e fortalezas e comendadores das principais igrexas e mosteiros. Como consecuencia de todo o resentimento e agravio ao pobo por parte da nobreza galega, tanto civil como eclesiástica, os Irmandiños destruíron ao redor de 130 castelos e fortalezas durante os dous anos de revoltas.

A Galicia Irmandiña, sen señores fidalgos nin rei que a mandase, só sobreviviu dous anos. Co fin da guerra civil Castelá, os nobres de ambos os dous bandos uníronse para tentar acabar coa irmandade popular. Tres exércitos de señores entran en Galicia na primavera de 1469, Pedro Madruga desde Portugal, o arcebispo Fonseca e Juan Pimentel desde Salamanca, e o conde de Lemos desde Ponferrada.

Despois de varias batallas dobregaron e venceron aos Irmandiños.

Bibliografía

https://es.wikipedia.org/wiki/Revuelta_Irmandi%C3%B1a
http://paseandohistoria.blogspot.com/2014/01/la-revuelta-de-los-irmandinos.html
https://www.durango-udala.net/portalDurango/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_471_1.pdf
https://www.elconfidencial.com/alma-corazon-vida/2014-04-19/la-gran-revuelta-irmandina-un-ejemplar-episodio-de-nuestra-historia_117448/
http://www.h-debate.com/wp-content/old-debates/cbarros/spanish/revuelta.htm
https://www.muyhistoria.es/curiosidades/preguntas-respuestas/que-fue-la-gran-guerra-irmandina-821523012717