Marie Curie

Maria Salomea Skłodowska-Curie (Marie Curie) naceu en Varsovia o 7 de novembro de 1867 e faleceu en Passy (Francia), o 4 de xullo de 1934.

Marie era química, pioneira no campo da radioactividade e primeira muller en recibir un premio Nobel, e a primeira e única muller en recibir dous premios Nobel, sendo até o momento a única persoa en recibir o premio Nobel en distintas categorías científicas. Fai parte do legado Curie, que ten 5 premios Nobel. Tamén foi a primeira muller en ser profesora na Universidade de París, e en 1995 converteuse na primeira muller en ser sepultada por méritos propios no Panteón de París.

Os seus logros inclúen o desenvolvemento da teoría da radioactividade (termo acuñado por ela mesma), as técnicas para illar isótopos radioactivos e o descubrimento de dous elementos, o polonio e o radio.  Dirixiu os primeiros estudos no mundo dos tratamentos neoplasias. Fundou os Institutos Curie en París e Varsovia, que seguen sendo os principais centros de investigación médica na actualidade. Durante a primeira guerra mundial, estableceu os primeiros centros radiolóxicos para uso militar. 

Xunto co seu marido Pierre Curie e Helri Becquerel, recibiu en 1903 o Premio Nobel de Física, e o de Química en 1911 polos seus traballos sobre o radio. É posiblemente a científica máis coñecida da historia. 

Marie Sklodowska Curie (ela sempre firmou cos dous apelidos) foi nacionalizada francesa e foi unha cidadá activamente leal ao seu novo país, pero nunca perdeu o seu sentido de identidade polaco: ensinou ás súas fillas a súa lingua materna e levábaas nas súas visitas a Polonia. O primeiro elemento químico que descubriu recibiu o nome de polonio en homenaxe ao seu país de orixe. 

Pierre Curie

Naceu e morreu en París (1859-1906), foi un físico francés pioneiro no estudo da cristalografía, magnetismo, piezoelectricidade e radioactividade.
Recibiu o Nobel de Física en 1903 xunto con Marie Curie, en recoñecemento polos extraordinarios servizos prestados por medio das súas investigacións conxuntas sobre os fenómenos da radiación descubertos polo profesor Henri Becquerel.

Pierre Curie enunciou no ano 1894 o “princípio universal de simetria” e traballou con Marie Curie nas investigacións sobre o polonio e o radio. Grazas ao traballo conxunto con Marie Curie usaron por primeira vez o termo “radioactividade”, afondando no seu estudo. 

Pierre Curie e un dos seus estudantes foron os primeiros en descubrir a enerxía nuclear, ao identificaren a emisión continua de calor das partículas do radio. Tamén investigaou as emisións de radiación das substancias radioactivas e conseguiu demostrar que as emisións presentaban carga positiva, negativa ou eran neutras.