Naceu en Vergara (Euskadi) en 1891. Estudou o Bacharelato en Bilbao, Xardinaría e Arboricultura froiteira en Limoges (Francia). Fíxose enxeñeiro agrónomo na Escola Superior de Agricultura de Hohenheim (Alemaña). Despois de pasar dous anos en México estudando, doutorouse nas Universidades de Harvard e Conell.
Volveu a España en 1921 e o Ministerio de Educación ofreceulle dirixir a Misión Biolóxica de Galicia, establecida en Pontevedra, para que continuase investigando os millos, que xa fora a súa especialidade en EE.UU. ( estudou os millos híbridos fecundados artificialmente, nunha especie o pole doutra, aproveitando que o millo ten no pendón os órganos masculinos e nas exilas das follas os femeninos)
Publicou moitos libros e dedicou a súa vida ao progreso de Galicia.
Máis tarde cursou estudos de Veterinaria e en 1923 foi chamado a Madrid á Dirección Xeral de Gandaría. Nos seus libros quedounos o resultado das súas investigacións.