Naceu en Rianxo hai moitos anos, no seo dunha familia mariñeira de pouco diñeiro. Viviu sesenta e catro anos traballando moito por facer de Galicia e os galegos un país feliz e ben gobernado. Morreu exiliado en Buenos Aires en 1951, e de alí trouxérono para que os seus ósos repousasen na terra onde nacera e pola que tanto traballara e sufrira. Está enterrado en Santiago de Compostela dende 1981 no Panteón de Galegos Ilustres.

Cando era un neno emigrou cos seus pais e as súas irmás a Arxentina para gañar máis diñeiro e poder estudar. Cando tiña catorce anos regresaron a Rianxo e o pequeno Daniel dispúxose a estudar o bacharelato para logo ir á universidade de Santiago e facerse médico. Pero el sempre deixou devandito que fixera os estudos de médico por respecto ao seu pai, pero o que quería facer era estudar, ler, escribir, debuxar sobre as xentes, os problemas e as desgrazas de Galicia e así foi. Traballaba en Pontevedra nunha oficina do Estado Español e aproveitaba todo o tempo que podía para escribir nos diarios, publicar os seus famosos debuxos e tamén os seus importantísimos libros.

En 1944, cando tiña cincuenta e oito anos, publica Sempre en Galiza que está considerado como a Biblia dos galegos.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886. Fillo de Mariano Rodríguez Dios e de Joaquina Castelao Genme. O ano no que naceu Castelao, o seu pai emigrou á Arxentina. El permaneceu en Galicia coa súa nai e os sues avós maternos ata que en 1895, emigrou á Arxentina coa súa nai para se reunir con seu pai. Alí permanecería durante 5 anos até 1900. A presenza da emigración na infancia de Castelao reflectiuse na súa obra, un exemplo son os relatos “O segredo” e “O inglés” incluído no seu libro Retrincos (1934).

Xa en Galicia, de 1900 a 1903 cursou o Bacharelato e o preparatorio de Medicina en Santiago de Compostela. Entre 1903 e 1909 estudou a carreira de Medicina. Nesta época iniciou traballos de caricaturas participando en 1908 e 1909 participou no II e III Salón de Humoristas en Madrid. Nesta época colaborou con Vida Gallega, deseñou algunhas capas de libros, caso de Princesa del amor hermoso de Sofía Casanova. 

En 1909 presentou un óleo na “Exposición Regional Gallega” que foi premiado cunha medalla de ouro.

En 1910 foi a Madrid coa intención de realizar o doutoramento, cuestión que non fará. Nesa época continuou ilustrando libros e colaborando en varias publicaciós. En 1911, de volta en Rianxo, comezou a editar o xornal El Barbero Municipal, órgano do bando conservador-maurista que en Rianxo encabezaba seu pai. Nesta publicación tamén participaron Eduardo Dieste e Ramón Rey Baltar. En 1912 casou con Virginia Pereira, natural da Estrada. En 1912 realizou a súa primeira exposición individual en Ourense, á que seguiría outra mostra no Salón Iturrioz de Madrid. En 1913 ditou a súa primeira conferencia sobre a caricatura no balneario de Mondariz.

O vencello de Castelao co mundo da emigración foi real e materializouse con colaboracións coa prensa de Bos Aires, con La Semana Universal (1912) e con Suevia (1916). En 1917, xa instalado en Pontevedra, adhírese ás Irmandades da Fala e comeza a colaborar con A Nosa Terra. En 1918 aprobou en Madrid unhas oposicións ao corpo técnico do Instituto Geográfico e Estadístico. Nese mesmo ano comezou a colaborar con El Sol de Madrid. En 1920 inaugurou na Coruña a primeira exposición do Album Nós. En 1921, pensionao pola Junta de Ampliación de Estudios, realizou unha viaxe por Francia, Bélxica e Alemaña.

Entre 1922 e 1934 fixo publicacións por todos coñecidas á par que tivo distintas participacións políticas.  Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, o sue primeiro libro de Cousas. Os dous de sempre. En 1934 ingresou na Real Academia Galega. 

En 1936 foi elixido deputado dentro das candidaturas da Fronte Popular. A sublevación militar sorpréndeo en Madrid, a onde acudira para facer entrega do Estatuto galego ás Cortes. En 1937 publicou en Valencia os álbumes de guerra Galicia Mártir e Atila en Galicia. En 1938 realizou unha viaxe de propaganda á URSS, viaxando máis tarde a Estados Unidos e Cuba. Durante a súa presenza na illa caribeña, Castelao participou activamente nas eleccións do Centro Gallego da Habana. Así, a súa participación foi decisiva para que a candidatura republicana de Hermandad Gallega se impuxese sobre a candidatra valedora dos sublevados franquistas. En Nova York publicou o seu álbum Milicianos.

A derrota republicana condenouno ao exilio, asentándose en Nova York. En 1950 foi quen de viaxar a Bos Aires. En 1941 estreou na capital arxentina a súa peza teatral Os vellos non deben de namorarse. En novembro de 1944 constitúse en Montevideo o Consello de Galiza, que tivo a Castelao como primeiro presidente. En 1945 participou na reunión das Cortes da República en México. En 1946 Castelao foi nomeado ministro do Goberno encabezado por José Giral, do cal sairía ao ano seguinte por mor dos enfrontamentos entre as faccións republicanas.

Algunhas das obras publicadas por Castelao en Bos Aires foron: Cincuenta hombres por dos pesos (Bos Aires: Emecé, 1940); Sempre en Galiza (Bos Aires: Edicións As Burgas, 1944) ou As cruces de pedra na Galiza (Bos Aires, Nós, 1949). Por outra parte, Castelao continuou en Bos Aires co seu labor de ilustrador de libros. Faleceu en Bos Aires o 7 de xaneiro de 1950.

Bibliografía

ARMESTO, VICTORIA: Los hijos cautivos de Breogán: el rastro de Castelao en América, Sada: Ediciós do Castro, 1986.

ALONSO FERNÁNDEZ, BIEITO: O exilio de Castelao, Vigo: A Nosa Terra, 2000. 

MEJÍA RUIZ, CARMEN: “El exilio de Castelao en Norteamérica: textos y documentos”, en Madrygal, vol. 7 (2000), p. 79-92. 

NÚÑEZ SEIXAS, XOSé MANOEL: “Emigración e exilio en Alfonso R. Castelao: da “moura fartura” á “Galiza ideal”, en Estudios Migratorios, núms. 15/16, xuño-decembro 2003, p. 9-48. NÚÑEZ SEIXAS, XOSé MANOEL / CAGIAO VILA, PILAR: O Exilio galego de 1936, política, sociedade, itinerarios, Sada: Ediciós do Castro, 2007.