Nace en Cesures en 1892, estuda alí ata os 14 anos e moitos dos seus recordos refírense a esta etapa da súa vida. Desde 1912 ata 1915 traballa nun almacén en Vilagarcía. En 1917 cumpre o servizo militar en Madrid, onde continúa estudando e perfeccionándose en debuxo. En 1924 entra a colaborar no Faro de Vigo como debuxante, en 1926 pasa ao Pobo Galego e a continuación recibe unha bolsa para volver a Madrid.

En 1928 gaña unha bolsa para ir estudar a París e vive alí un ano. Dende 1929 ata 1932 colabora na revista Nova España. En 1932 foi nomeado catedrático de luxo do Instituto da Estrada, logo de Naia e o final de Vigo. Cesado en 1936 polas autoridades franquistas por ser galeguista. Expón en Vigo con Colmeiro, Eiroa, Laxeiro, Seoane na Barraca Resol que dirixiu Arturo Cadrado.

Expón en EE.UU.

 Enfermo de tuberculose. Reclúese en Vigo. Morre en Santiago entre o respecto de todos e o agarimo dos seus amigos que o admiran.

En 1970 no Castro de Sada fundouse o Museo de Arte que leva o seu nome.