Carlos Casares Mouriño, escritor en lingua galega, crítico literario e político, nado en Ourense o 24 de agosto de 1941 e finado en Vigo o 9 de marzo de 2002. Estudou en Santiago de Compostela, cidade na que entrou en contacto con representantes do galeguismo, como Ramón Piñeiro. Foi director da editorial Galaxia e da revista Grial. Cultivou sobre todo a narrativa. Nos anos sesenta publicou o libro de relatos Vento ferido e Cambio en tres. En 1975 aparece Xoguetes pra un tempo prohibido. Viñeron logo o libro de relatos Os escuros soños de Clío e as novelas Ilustrísima, Os mortos daquel verán, Deus sentado nun sillón azul e O sol do verán. Destacado columnista, escribiu en varios xornais, principalmente La Voz de Galicia entre 1992 e 1998, recollido en sete volumes publicados por Galaxia de 2005 a 2008, titulados Á marxe. No ano 2017 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.