Luís de Camoens foi un poeta portugués, nacido dunha familia moi pobre.

Estudou en Coimbra e frecuentou a corte de Juan III. Seguiu a carreira das
armas e perdeu o ollo dereito en Ceuta. Volveu a Lisboa e levou unha vida
aventureira e nun desafío feriu a un palaciego, por iso foi encarcerado.
Luís de Camoens contounos no seu maxistral poema Os Lusiadas todas as
aventuras, sufrimentos e alegrías que os portugueses daquel tempo fixeron no descubrimento de Océanos e do mundo. O mesmo Camoens ía nesas viaxes cos seus manuscritos. Aos poucos foron aumentando cos acontecementos que lles ocorrían. Os portugueses fixeron moito pola historia e o coñecemento das terras afastadas e ignotas.

Di o profesor Alonso Montero que o portugués se fixo lingua propia con Camoens. Até alí o galego e o portugués eran a mesma lengua, aínda hoxe
seguen sendo linguas irmás.

A escola dedicoulle a Camoens esta aula por ser o escritor máis insigne da
literatura universal e por ser o máis famoso e máis próximo a nós, os galegos.

Ao ano seguinte foi perdoado e enviado ás Indias, onde vive duramente e pasa moitas penalidades. É acusado de non levar ben as contas para a Administración e enviárono a Goa, no traxecto naufraga o barco en que viaxaba, sálvase do naufraxio e embarca para Mozambique.

Enfermo e deprimido volve a Portugal, despois de 17 anos de ausencia. En
1532 publicou Os Lusiadas, epopea en que describe as conquistas de Portugal en ultramar. O seu renome literario non lle chegou até despois de morto. Os Lusiadas é un dos mellores poemas épicos da Literatura Universal.

Camoens viviu na época en que o galego e o portugués deixaban de ser unha mesma lingua. Até Camoens, en Galicia e Portugal falábase a mesma lingua, e xuntos os dous pobos escribiron os CANCIONEIROS DÁ LIRICA GALAICO- PORTUGUESA, tamén xoia da Literatura Universal.