Camilo José Cela Trulock. (Iria Flavia, A Coruña, 11 de mayo de 1916 – Madrid, 17 de enero de 2002). Escritor e académico español, galardoado co Premio Nobel de Literatura.

Logo do seu traslado a Madrid coa súa familia entre 1931 e 1932, estivo ingresado, momento que aproveita para realizar longas sesións de lectura.

En 1934 empeza estrudos na Facultad de Medicina de la Universidad Complutense de Madrid, que pronto abandona para asistir á Facultade de Filosofía y Letras, lugar onde o poeta Pedro Salinas imparte clases de Literatura Contemporánea e alentado por este decide afondar o seu interese pola literatura. Na facultade coñece a Alonso Zamora
Vicente, a María Zambrano y a Miguel Hernández, e grazas a eles entra en contacto con outros intelectuais da época en Madrid.

Durante a guerra, remata a súa primeira obra, o libro de poemas Pisando la dudosa luz del día.

En 1940 comeza a estudar Dereito (carreira que abandona anos despois para adicarse profesionalmente á literatura) ao tempo que aparecen as súas primeras publicacións. A súa primeira gran obra, La familia de Pascual Duarte publícase en 1942, e a pesar do seu éxito polos problemas coa Igrexa, acábase prohibindo a segunda edición en España, aínda que acaba sendo publicada en Buenos Aires.

No transcurso dos anos non podemos deixar de facer referencia á La colmena (1951) publicada en Buenos Aires e prohibida en España; Viaje a La Alcarria (1948) e El cancionero de La Alcarria (1948).

En 1954 se traslada a súa residencia á illa de Mallorca, donde vive parte da súa vida. En 1957 ocupa o sillón Q da Real Academia Española.

Na transición á democracia ocupa por designación real un escaño no Senado das primeras Cortes democráticas, participando así na revisión do texto constitucional elaborado polo Congreso.

A partires dese momento podemos destacar publicacións como Mazurca para dos muertos (1983) e Cristo versus Arizona (1988).

Recibiu premios de importancia relevante como:

  • Príncipe de Asturias de las Letras (1987).
  • Nobel de Literatura (1989)
  • Miguel de Cervantes (1995)
  • En 1996, na data do seu octoxésimo aniversario, o Rey don Juan Carlos I concédelle o título de Marqués de Iria Flavia.