Agora tés a oportunidade de dicir o que pensas sobre a Escola. Colle o teu móbil, cámara ou ordenador e graba un vídeo de duración máxima 1:30 minutos e cóntanos o que pensas sobre Rosalía. Podes dicirllo do xeito que queiras, onde queiras e con quen queiras, a imaxinación non coñece límites!

Bases do concurso:



  • Poden participar neste certame todos os alumnos e alumnas da Escola Rosalía de Castro dende infantil a bachalerato.
  • A temática do vídeo será “Que é Rosalía para ti?”.
  • O vídeo poderá ser gravado con calquera medio tecnolóxico (móbiles, cámaras, web cams…).
  • O vídeo non poderá exceder do minuto trinta segundos (1´30″)
  • O vídeo deberá ser enviado ao enderezo electrónico certamecurtas@gmail.com
  • O último día de prazo para participar será o 17 de maio de 2020.
  • O gañador/a será comunicado a través da páxina web e as redes sociais da Escola o 21 de maio.
  • O gañador/a recibirá o premio no festival das letras galegas o 28 de maio onde será proxectada a curta conxuntamente co 2º e 3º premio.



  1. Premio: tarxeta agasallo Netflix 25€.
  2. Premio tarxeta agasallo netflix 15€
  3. Premio dúas entradas para o cine.

Participa agora!