Naceu este ilustre polígrafo en Casdemiro, concello de Pereiro de Aguiar (Ourense) o 8 de Outubro de 1676. Morreu en Oviedo o 26 de Setembro de 1764, no Mosteiro de S. Vicente.

 Os 14 anos fíxose monxe benedictino no Convento de Samos (Lugo),  estudiou teoloxía e chegou a ser profesor da universidade de Oviedo. 

Converteuse  nunha das personalidades máis eruditas da España do seu tempo, xunto co seu amigo P. Sarmiento. Era alto, ben parecido, simpático, bo conversador e gran escoitador.

Foi conscente de que no seu tempo as xentes, sobre todo en Galicia, pasaban moita fame. O sal era moi caro e os campesinos que podían, cocían o pan en auga de mar. Non había patacas, nin pan de millo, porque estes cultivos non chegaran aínda de América . En Galicia durante as fortes fames negras chegáronse a comer ortigas -segundo conta o P. Feixóo-. Ademais, os labradores tiñan que pagar fortes contribucións  e iso obrígalles a emigrar e -conta e que as mulleres chegaban a disfrazarse de homes para ir gañar o seu xornal na sega de trigo de Castela.

Falaba en galego sempre coa súa familia e deixou escrito que  lle gustou escribir os seus libros en galego.

En Europa -nos medios cultos- líanse os seus libros, pero pouca xente de España estaban preparada para poder facelo naqueles tempos. É ben sabido que os seus libros deron moito diñeiro que repartíu sempre entre os pobres. En 1741 e 1743, época das terribles fames negras en Galicia, mandou comprar gran cantidade de gran e repartilo gratuitamente entre os labradores pobres.

Publicou oito tomos que titulou TEATRO CRITICO UNIVERSAL , unha serie de disertacións sobre moitas cuestións científicas: Filosofía, Literatura, Teoloxía, Medicamento, Historia, Ciencias Naturais, Matemáticas, Xeografía, Política, Artes, etc… e máis adiante as CARTAS ERUDITAS, estudos de carácter análogo aos anteriores.

A figura de Feixóo destaca  por un insaciable afán de saber, comprendeu deseguido o atraso da ciencia española e o seu propósito esencial foi o de reincorporarnos ás formas universais da cultura. O amor, á verdade e o desexo de sementar nos espíritos ideas novas e normas de conduta máis humanas foron os motivos que lle guiaron a escribir.     Os seus ensaios teñen un carácter enciclopédico e nalgúns adícase a combater as supersticiones e erros vulgares. É un espírito investigador da verdade e un excelente relixioso.