Un labrego ou campesiño é unha persoa que ten como oficio traballar as terras. O labrego tradicionalmente é definido en socioloxía como o membro dunha comunidade nunha sociedade agraria ou rural. Cando o labrego se atopa illado en grandes propiedades do seu dominio, ou manexa a súa produción cunha considerable orientación comercial, transfórmase nun granxeiro. Os labregos teñen os coñecementos que lles deu a xestión do medio de produción, a terra, e a experiencia acumulada, con éxitos e fracasos, ao longo de xeracións.
Segundo a Declaración das Nacións Unidas sobre os Dereitos dos labregos, “enténdese por labrego toda persoa que se dedique ou pretenda dedicarse, xa sexa de maneira individual ou en asociación con outras ou como comunidade, á produción agrícola en pequena escala para subsistir ou comerciar e que para iso recorra en gran medida, aínda que non necesariamente en exclusiva, á man de obra dos membros da súa familia ou o seu fogar e a outras formas non monetarias de organización do traballo, e que teña un vínculo especial de dependencia e apego á terra”.
Son moitas as actividades que caracterizan á xente da nosa terra e cada unha das actividades realizadas para manter á familia ou dotala dun sustento ten a súa importancia, pero se cabe á función do labrego é e foi fundamental para a supervivencia do pobo galego.
Deixando a un lado todos e cada un dos oficios dos galegos, salvo as grandes urbes e aínda así quen coñece Vigo sabe que pode atopar unha horta a escasos cen ou douscentos metros dos edificios máis altos da cidade. Este é o noso segredo. O segredo da subsistencia e o que mantén á nosa xente.
Esta aula, pretende ser unha homenaxe aos nosos paisanos. Galicia é terra de labradores e ata as xentes que viven do mar teñen as súas leiras e trabállanas.
Todos os galegos temos antepasados labradores. Os nosos avós, os nosos bisavós traballaron a terra. A Galicia labradora, mantívonos e librounos da fame, dende a noite do tempo.
Hoxe pouca xente quere ser labrego, pero se non hai labregos QUE COMEMOS?