25N: Nin unha menos.
Hoxe, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, un día no que hai que recordar as diferenzas entre homes e as mulleres e as vítimas da violencia machista.
O alumnado da escola Rosalía de Castro escribimos as seguintes reclamacións que consideramos xustas para defendermos a igualdade de xénero e demostrar como nos gustaría que fose a nosa sociedade:
- Gustaríanos que mellore a educación. Unha idea que defendemos é que o goberno loite máis pola paz entre xéneros e que nos eduquen sobre este tema nos colexios desde o inicio. Aínda que tamén é importante mentalizar aos pais e nais de que parte desa educación vén do que se aprende na casa.
- Gustaríanos que as mulleres vivan en liberdade, sen medo de ir soas pola rúa, que os deportes femininos teñan tanto apoio como os masculinos, que as mulleres teñan as mesmas oportunidades no ámbito social, laboral…
- Gustaríanos que as persoas deixasen de facer bromas que normalizan o machismo.
- Gustaríanos morrer de vellas, e non por ser mulleres.
- Gustaríanos que desapareza calquera tipo de violencia.
- Gustaríanos que os homes non berren burradas ao camiñar pola rúa.
- Gustaríanos poder volver á casa soas sen sentir medo.
- Gustaríanos que os nosos pais e nais non tivesen que coller o coche para virnos recoller polas noites.
- Gustaríanos que ninguén humille a ninguén polo seu sexo nin pola súa orientación sexual.
- Gustaríanos que non haxa diferenzas entre homes e mulleres.
- Gustaríanos que as mulleres gozasen da mesma liberdade ca os homes.
- Nunca discriminaremos as persoas por ningún motivo.
- Nunca humillaremos a unha muller.
- Nunca crearemos violencia ao noso redor.
- Non sempre significa non.
- Nunca calaremos e seguiremos loitando.
- As mulleres seremos o que queiramos ser porque o noso pensamento é libre.
As frases que acabamos de ler son froito dos pensamentos dos estudantes que estamos fartas de escoitar noticias de mulleres maltratadas.
Se queres amarnos, non intentes manipularnos. Cada persoa é libre de facer o que queira. E lembra: “Nunca o amor vai ser unha forma de violencia nin a violencia unha forma de amor.