Prezadas familias;


Coñecedores da incertidume que conleva a situación actual e a proximidade do
comezo do vindeiro curso, queremos informarvos dalgunhas medidas que afectan a
aspectos xerais da organización e funcionamiento da Escola. As decisións que
tomamos están baseadas nas instrucións vixentes a día de hoxe; pero debemos ter en
conta a realidade cambiante na que vivimos. Por iso, estamos pendentes da
información que achegan as autoridades pertinentes e realizaremos os cambios
necesarios en función das necesidades que vaian xurdindo. Manterémosvos
informados de todas as modificacións.


Actualmente, o escenario no que estamos traballando é a docencia presencial;
as clases comezarán, seguindo o calendario vixente neste momento, o día 10 de
setembro para Infantil e Primaria (iniciando o día 8 o alumnado de 4.º EI o seu período
de adaptación) e o día 16 do mesmo mes, as clases de Secundaria e Bacharelato.


Tendo en conta estas previsións, queremos informarvos das seguintes medidas:


● Cambios nos accesos á Escola:


Educación Infantil:

Realizarán a entrada e saída do centro polo patio de goma; accedendo directamente á porta de cadansúa aula.

Educación Primaria:

Realizarán a entrada e saída do centro pola entrada principal; accederán ás súas aulas seguindo as indicacións do profesorado que os recibirá nese momento.

1.º, 2.º e 3.º de Educación Secundaria:

Realizarán a entrada e saída do centro polas escaleiras que dan acceso á pista polideportiva exterior (a coñecida como “porta do monte”).

4.º de Educación Secundaria e Bacharelato:


Realizarán a entrada e saída do centro polo portón traseiro (no lateral do pavillón).

Agradecemos que, para garantir un bo funcionamento destas medidas organizativas, sigades as seguintes
instrucións en relación ó acceso de vehículos á Escola:

Educación Infantil:
Prioridade de acceso por Camiño Loureiro.

Educación Primaria:
Prioridade de acceso pola rampla da Escola.

1.º, 2.º e 3.º de Educación Secundaria:

Prioridade de acceso por Camiño Loureiro.

4.º de Educación Secundaria e Bacharelato :
Prioridade de acceso por Camiño Loureiro.


● Horarios de entrada e saída da Escola:

Entrada:


Coa intención de favorecer unha entrada escalonada no centro e así evitar aglomeracións, permitirase o acceso dende as 08.00 ata as 08.45 horas.

Cada quen accederá, nesta marxe horaria, pola entrada que lle corresponda.

Saída:


Educación Infantil:

Realizarán a saída do centro dende as 14.10 ata as 14.25 horas.

Educación Primaria:


Realizarán a saída do centro ás 14.30 horas.

Educación Secundaria:


Realizarán a saída do centro ás 14.25 horas.

Bacharelato:

Realizarán a saída do centro ás 14.30 horas.


Os primeiros días de inicio de curso teremos un horario específico de entrada e saída, no que o alumnado será acompañado polo profesorado, e que servirá como período de adaptación a esta nova situación. Días antes recibiredes unha circular explicativa.


● Limitación de movemento de persoas na Escola:


Seguindo o recollido no protocolo de actuación vixente no momento, só o alumnado e o persoal do centro poderán acceder ás instalacións da Escola.
Como excepción a esta medida, atópanse as familias de Educación infantil; poderá acceder ao patio de goma un só adulto para o acompañamento ata a porta exterior da aula.
Ademais destas medidas, traballamos tamén nas actuacións que formarán parte do día a día nesta nova situación e que están relacionadas con sinalizacións de fluxos de movemento, protocolos de actuación xerados dos diferentes escenarios posibles, medidas de hixiene… buscando unha volta á Escola o máis segura posible.
Seguimos, para elaborar estas medidas, todas aquelas indicacións que a Consellería de Educación nos achega.

Aínda que actualmente é o réxime de presencialidade o que contemplamos seguindo as instrucións recibidas pola administración, tamén temos elaborado o plan de actuación coas medidas a adoptar noutros posibles escenarios. Referímonos aos casos de docencia semipresencial ou a distancia; para estas situacións, estamos preparados para traballar co alumnado a través das plataformas Clickedu e Google Classroom, ademáis do mantemento de contacto directo mediante videoconferencia.
Con estes medios, poderemos garantir dende o primeiro día unha docencia personalizada e adaptada ás necesidades propias do alumnado dos diferentes cursos e
etapas. Tamén a este respecto, seguimos as actualizacións elaboradas pola Consellería de Educación e adaptaremos o proxecto de docencia a distancia segundo nos indiquen.

Debido á complexidade na organización das actividades extraescolares e o servizo de comedor, iredes recibindo ao respecto máis información conforme nos acheguemos ás datas de inicio de curso.

Confiamos na familia rosaliana para afrontar con éxito este anómalo curso 2020/2021.

Un cordial saúdo,

O Equipo Directivo