En base ás últimas instrucións anunciadas pola Consellería de Educación en relación ao COVID-19, indicámosvos que:
– Dende este momento e ata o retorno á actividade docente habitual, NON haberá servizo de Secretaría aberto no centro. Polo que non se poderá tramitar as solicitudes de praza para o vindeiro curso de xeito presencial.
– Podedes presentar as solicitudes de forma telemática.
– O prazo de solicitude finalizará unha semana despois do reinicio das clases.
Nesta ligazón indicámosvos as medidas adoptadas pola Consellería a este respecto:
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30550