Para conmemorar o Día da Poesía, 21 de marzo, a Escola realizará un concurso.
Poderán participar todos os alumnos que o desexen, sempre que presenten obras nalgunha das linguas impartidas na Escola (lingua castelá, lingua galega, lingua inglesa ou lingua francesa), orixinais e inéditas.
O tema dos poemas será libre. As obras deberán ter unha extensión máxima de 60 versos.
O prazo de admisión de orixinais será do martes 11 de febreiro ata o venres 13 de marzo de 2020.
A decisión do xurado farase pública despois da deliberación, o día 23 de marzo. O xurado estará composto por 5 membros. Todos eles profesores dalgunha das linguas na Escola.
A cerimonia de entrega dos premios terá lugar na Escola o Día do Libro, 23 de abril de 2020.
Premiarase o mellor traballo en cada unha das seguintes categorías:
- Categoría A: Infantil e 1º e 2º de Primaria. Nesta categoría acéptanse debuxos ou obras plásticas que o alumnado realice tras escoitar unha poesía. É dicir, representacións libres daquilo que lles evoque. Acompañarase a obra da poesía que servise como base.
- Categoría B: De 3º de Primaria a 1º de ESO (ambos os cursos incluídos).
- Categoría C: De 2º de ESO a 2º de Bacharelato.
Os premios para o gañador de cada unha das categorías serán dúas entradas para un espectáculo e un libro de poesía.