Hai 60 anos comezaba unha aventura pedagóxica chamada Escola Rosalía de Castro. Moita xente pasou polas nosas aulas (profesor@s, alumn@s, pais e nais…) pero o espírito é o mesmo. Hoxe damos a benvida aos nos@s estudantes de secundaria e bachalerato coa mirada posta neste curso cheo de desafíos, pero sabendo de onde vimos e onde queremos ir. Por moitos anos xuntos máis, grazas a toda a familia rosaliana.