Primeira competición do Calendario Galego de Bádminton da tempada 2017-18

   
De excelente pódese definir a actuación dos xogadores/as rosalianos no TTR Sub 11 - Sub 17, puntuable para o ránking nacional, disputado no día de onte nas instalacións deportivas da Escola Rosalía.
 
Coa presenza das mellores raquetas da Comunidade Autónoma disputouse a primeira competición do Calendario Galego para a tempada 2017-2018. Nesta proba na que participaron os clubs C.B. A Estrada, C.B. As Neves, Athlos, C.B. Tui, Club do Mar de San Amaro e o anfitrión e, finalmente único representante vigués, o CLUB ESCOLA ROSALÍA VIGO púidose presenciar que o bádminton da cidade olívica e o autonómico en xeral goza de moi boa saúde.
 
O CLUB ESCOLA ROSALÍA VIGO obtería nesta competición un total de 6 medallas repartidas da seguinte forma:
 
Categoría Sub 11:
 
Individual feminino - Bronce: Laura Piñeiro e Carmela Huidobro.
 
Categoría Sub 17:
 
Individual feminino - Prata: Ana Belén Salgueiro.
Individual feminino - Bronce: Uxía Fernández.
Dobres mixto - Prata: Uxía Fernández / Javier Pereira (C.B. A Estrada).
Dobres mixto - Bronce: Antía Fernández / Andrés Vázquez.
 
O resto da representación viguesa estivo formada por Xosé Manuel García, Hugo Salgueiro, Martín Mosquera, Axel Cuiñas, Sergio Abalde, Manuel Miguel, Guillermo Acosta, Álvaro Núñez, Alba Alemany e Anus Muhammad.
 
O control da competición estivo a cargo da xuíz árbitro nacional, Ana Durán, acompañada dos árbitros nacionais José Antonio Méndez e Juan Carlos Novoa e dos marcadores do Club Escola Rosalía.
 
Destacar o excelente ambiente nas bancadas con numerosos afeccionados e familiares dos participantes durante todo o día e a presenza do alcalde da cidade, D. Abel Caballero acompañado do concelleiro de deportes, D. Manuel Fernández no acto de entrega de premios xunto ao presidente da Federación Galega de Bádminton, D. Rodrígo Sanjurjo, o membro da Xunta Directiva do Padroado da Escola Rosalía, D. José Luis Domínguez e o director da Escola Rosalía D. José Manuel Carnero.
 
A competición estivo patrocinada polo Concello de Vigo e contou co apoio das firmas comerciais Deportes González, Alonarti, Trafema, Norfrío e Froitas Sol e, por suposto, da Escola Rosalía de Castro e a súa Fundación.
 
A próxima cita para o CLUB ESCOLA ROSALÍA Vigo será tamén en casa o próximo 8 de outubro coa organización da segunda proba TTR do calendario galego para as categorías Sub 15 e Absoluta.
 
Jesús Gómez
C.E.R. Bádminton