Cumieira das Cantigas 2017

O Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo, en parzaría coa Área de Normalización Lingüística e en colaboración con Edicións Xerais de Galicia convocou o I Premio de Creación Literaria Galega «Cumieira das Cantigas» 2017.
 
A nosa alumna Laura Isasi, de 4º de ESO, obtivo o primeiro premio. Xa son oficiais os premios de Territorio & Creación. Hoxe Laura Isasi recolleu o seu premio de mans do Reitor da UVigo.
Podemos estar orgullosos/as.
Parabéns Laura