Viaxe a Irlanda

Estimados pais:

Poñémonos en contacto convosco para comunicarvos que un ano máis, avalado polos bos resultados obtidos en cursos pasados e o interese que nos trasladastes as familias, volvemos a planificar en colaboración con Zonda Viaxes e Bray Language Centre, o curso de verán de tres semanas (2 ao 23 de xullo) en Irlanda.

Se estades interesados en volver connosco ou coñecedes algunha familia que lle poda interesar o noso programa, aínda que non teñan os seus fillos/as na Escola, agradecémosvos indiquédeslle que se poñan en contacto connosco. Así mesmo, convidámosvos a todos a asistir á reunión informativa que se celebrará o vindeiro mércores, día 23 de febreiro, ás 20:00 horas nas nosas instalacións (Estrada de Bembrive, 91 Vigo).

Lembrámosvos que se trata dun programa especialmente pensado para rapaces e rapazas de entre 12 e 18 anos no que facemos especial fincapé na seguridade.

Manteremos o destino do curso pasado: Bray, renovando todas as excursións e parte das actividades que, como sabedes, contribúen positivamente á aprendizaxe da lingua inglesa.

Kieran Farrell, director de "Bray Language Centre", dispón de ampla experiencia na recepción de alumnos estranxeiros e organización de cursos de inglés. Ofrece un amplo programa de actividades didácticas que, xunto coas clases, asegúranos unha atención individual o que repercutirá na obtención duns mellores resultados.
   
 Un cordial saúdo,
 

A Xunta Directiva