Tarxeta Benvida

Estimadas familias informámosvos que a Consellería de Política Social ven de publicar a Orde do 23 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados no ano 2017 e se procede á súa convocatoria.
 
Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión dunha axuda económica para as familias que no ano 2017 teñan un/unha fillo/a, adopten ou estean en situación de garda con fins adoptivos dun neno ou nena menor dun ano e proceder á súa convocatoria.
 
Farase efectiva a través da tarxeta Benvida, a cal só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia.
 
Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nun dos seguintes supostos:
a) Ter fillas ou fillos, tanto por natureza como por adopción, nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017.
b) Estar en situación de garda con fins adoptivos dun ou de máis nenos/as nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017.
 
Regúlase dacordo á Orde do 23 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados no ano 2017 e se procede á súa convocatoria.
 
Con carácter xeral, a contía total da axuda será de 1.200 euros a razón de 100 euros/mes durante o primeiro ano de vida do fillo ou filla.1
 
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produza o nacemento ou se dite a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de garda con fins adoptivos e de adopción.
 
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día do nacemento. No suposto de garda con fins adoptivos ou de adopción entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día en que se ditou a resolución.
 
Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao seguinte día hábil e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que oprazo expira o último do mes.
 
 
 
 
Saúdos