Camiño a Grecia

Prezados amigos/as:
 
Hai uns días unha exalumna do Rosalía púxose en contacto connosco para solicitar a nosa colaboración nun proxecto solidario denominado “CAMIÑO A GRECIA” e que está destinado a cubrir necesidades sanitarias nos campos de refuxiados sirios en Grecia, en colaboración cunha organización que traballa no terreo, Rowing together.
 
Milleiros de refuxiados están agora sobrevivindo no campo de Tesalónica, a onde se dirixe esta ONG; entre eles un 40% son menores e varias mulleres embarazadas. As precarias condicións nas que están obrigados a vivir agravan calquera enfermidade e complica a asistencia sanitaria.  O obxetivo deste proxecto é trasladar a maior cantidade de medicamentos e material sanitario a este campo mediante unha viaxe en furgoneta dende Galicia, e aproveitar o mesmo para poder documentar a situación actual e traballar no campo.
 
Por isto queremos realizar unha recollida de medicamentos e material que esta organización nos solicita, esta listaxe é a que nos proporcionan:
 
- VITAMINAS EMBARAZO
- PARACETAMOL
- IBUPROFENO
- TIRAS DE OURIÑA
- LIQUIDO PARA ESTERILIZAR
- POMADA ANTIBIOTICA MUPIROZINA
- URBAZON (INXECTABLE e ORAL)
- CLOTIMAZOL
- FENTICONAZOL
- ANTICONCEPTIVOS
 
Ao longo dos días 5 (luns) e 7 (mércores) da semana próxima recolleremos todo aquilo que as familias queirades enviar, para despois dar traslado ds mesmas e que sexan enviadas a Tesalónica.
 
Grazas