Centro Preparador

 

 

 

 
 
   
A nosa Escola, como centro examinador da Universidade de Cambridge,  oferta aos alumnos de Primaria, ESO e Bacharelato a posibilidade de certificar o seu nivel de inglés a través dos diferentes probas de nivel. Consideramos que é esencial para os nosos alumnos/as que pouco a pouco vaian consolidando os seus coñecementos en lingua estranxeira e que poidan demostrar as súas competencias por medio de diplomas cunha validez internacional.
 
Ademais de fomentar a súa motivación cara a aprendizaxe lingüística, estes títulos seranlle de utilidade para acadar os seus estudos superiores e tamén no posterior ámbito laboral.
 
É unha satisfacción poder dicir, que no pasado curso 2015-2016 un total de 173 alumnos do Rosalía obtiveron a súa acreditación nos diferentes niveis;  foron 89 nenos de de Starters. Movers , Flyers e 84 nos niveis KET, PET, FCE, CAE.

Se tedes dúbidas ou precisades dalgunha aclaración, podedes poñervos en contacto coa Escola no 986 420 433 ou a través do seguinte enderezo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
 
 
Información relativa aos distintos niveis de Certificación de Cambridge dacordo ao Marco Común Europeo:
 
 
 
 
 
 
 
  

·    Calendario de exames