Exames de Cambridge no Rosalía
Xoves, 24 Novembro 2016 12:28
No pasado curso 2015-2016, a nosa Escola, como centro preparador da Universidade de Cambridge, oferta aos alumnos de Primaria, ESO e Bacharelato a posibilidade de certificar o seu nivel de inglés a través dos diferentes probas de nivel. Consideramos que é esencial para os nosos alumnos/as que pouco a pouco vaian consolidando os seus coñecementos en lingua estranxeira e que poidan demostrar as súas competencias por medio de diplomas cunha validez internacional.
Ademais de fomentar a súa motivación cara a aprendizaxe lingüística, estes títulos seranlle de utilidade para acadar os seus estudos superiores e tamén no posterior ámbito laboral.
É unha satisfacción poder dicir que nesta ocasión un total de 173 alumnos do Rosalía obtiveron a súa acreditación nos diferentes niveis; foron 89 nenos/as de de Starters. Movers , Flyers e 84 nos niveis KET, PET, FCE, CAE.
