Recoñecemento aos mellores expedientes de bacharelato

O pasado xoves, día 30 de xuño, asistimos en Compostela ao acto organizado pola Universidade de Santiago co obxectivo de recoñecer aos mellores expedientes de bacharelato de Galicia. Catro alumnos da Escola, dous mozos e dúas mozas, foron os que mereceron tal agasallo. Ali estivemos para darlles os parabéns, desexar que o seu futuro estea inzado de éxito. Sentimos un profundo orgullo destes rapaces e rapazas que hoxe son presente e mañá serán o noso futuro.
Guillermo, Rosalía, Manel e Natalia