Becas e Axudas

Prezadas familias:
 
              Informámosvos, por se resulta do voso interese, que o pasado luns 16 de maio, saiu publicada a ORDE do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.
 
Adxunto vos remitimos o arquivo coa ORDE correspondente e cun EXTRACTO aclaratorio da mesma.
 
Un saúdo cordial,
 
                                                               A Administración
 
 
*ACLARACIÓN para as familias beneficiarias:
Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autó­noma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:
a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP, e en 1º e 3º de ESO.
b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, en 2º e 4º de ESO e en EE, así como as axudas que pode recibir o alumnado incluí­do na disposición adicional primeira da orde.
c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
 
 
**IMPORTANTE: Este ano como novidade, a solicitude será conxunta por familia en lugar de por alumno/a, así que, cando haxa máis dun fillo/a cursando estudos nun mesmo centro, só se presentará unha ÚNICA solicitude para todos os matriculados nese centro, independentemente da axuda que lle poida corresponder a cada un deles segundo o curso: Fondo Solidario, Axudas para a adquisición de libros de texto (vales libros) ou axudas para a adquisición de material (vales material).
 
O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).
 

Axudas-Becas/AnuncioG0164-040516-0005_gl.pdf

Axudas-Becas/AnuncioG0164-040516-0006_gl.pdf