Carreira contra a fame

Prezados compañeiros/as:
 
Tal e como xa se vén informando, ou informará en breve, nas diferentes reunións por etapa, o venres, día 20 de maio temos previsto organizar, por segundo ano consecutivo, unha actividade colectiva na pista habilitada para correr no Parque de Castrelos, o obxectivo é que participe un importante número de alumnos/as (en torno a 400) dende 3º de E.P. ata 4º de ESO (ambos inclusive).
 
Esta actividade está enmarcada dentro dun plan da organización “Carreira contra a fame” na que estamos inscritos, consiste en facer o percorrido correndo do denominado circuíto do Parque, farase por grupos de alumnos ao longo da mañá do 20 de maio. O horario previsto será de 09:00 a 14:00 h. Cada neno /a “negociará” na casa o donativo que obterá por cada volta que dea ao circuíto, os máis cativos seguramente darán unha e os demáis dúas ou tres. Entregaremos un folleto coas indicacións precisas a cada alumno para que o leven a casa e alí aparece todo pormenorizado, nesta ocasión limitaremos o número de voltas e o tope será de 5.
 
Acompañaremos aos rapaces os profesores necesarios, algúns estaremos todo o tempo e outros baixarán segundo un horario establecido. Xa se comunicou á Policía Local e  Protección Civil para que envíen algunha dotación por se fose preciso, e dispoñemos da pertinente autorización do Concello de Vigo.
 
Actividade: “Carreira contra a fame”
Día: venres 20 de maio
Lugar: Parque de Castrelos
Hora: de 09:00 a 14:00
 
 
        Saúdos,
 
         O Equipo Directivo