Falando ben, entendémonos os dous

O Departamento de Orientación da Escola e os mestres de Educación Infantil querémosvos invitar a participar nun taller práctico para pais e nais de 6º de Educación Infantil (5 anos):  "Falando ben, entendémos os dous" .
 
Aprender a falar non sempre é doado, non todos os nenos ou nenas aprenden coa mesma rapidez ou soltura. Esta aprendizaxe, nalgúns casos, require duns exercicios de logopedia específicos.
 
Dada a importancia desta tarefa compartida, animámosvos a que asistades a este espazo de diálogo entre familia e centro escolar.  Neste taller práctico, ameno e participativo, abordaremos estratexias para que poidades axudar aos vosos fillos a comunicarse e aprender a linguaxe como parte das súas experiencias. Exercicios deseñados para preparar o aparato vogal infantil, en ocasións inmaduro, e facilitar a pronunciación de palabras e sons diferentes.  Algo tan sinxelo como facer muecas ou movementos faciais axuda a estimular os beizos e a lingua.
 
A realización do taller terá lugar o martes 24 de maio de 18:30 h. a 20:00 h.
 
Para poder coñecer o número de asistentes a este taller e preparar os espazos e materiais necesarios, é conveniente que nos devolvades o desprendible, coa resposta sobre a vosa asistencia.
 
Agradecendo de antemán a vosa colaboración e interese  saudámosvos cordialmente.
 
                 
                                                    Dpto. Orientación e Mestres de Ed. Infantil