Admisión de alumnado para o curso 2017-18

  Informámosvos de que o prazo de “Solicitude de praza” de novo ingreso para o vindeiro curso 2017-18 será dende o día 1 ao 20 de marzo (a Semana Santa é un período non hábil para a presentación de solicitudes, xa que o centro permanecerá pechado). Achegámosvos uns arquivos Pdf co ANEXO II  e ANEXO A para presentar a solicitude na Secretaría da Escola.

 
Ademáis, co fin de facillitar o cálculo das posibles puntuacións no caso de ter que baremar, por ter máis solicitudes que prazas ofertables, agradecémosvos que xunto coa solicitude acheguedes tamén a seguinte documentación:
 
  •  Fotocopia do D.N.I. do neno ou nena ou no seu caso fotocopia do Libro de Familia onde estea asentado o neno ou nena. En caso de ter irmáns no centro a fotocopia será do Libro de familia completo.
     
  • Certificado do Padrón Municipal da unidade familiar para adxudicación de puntos por proximidade de domicilio, se fose o caso (antigüidade mínima dun ano).
  •  No caso de proximidade do lugar de traballo do pai/ nai a achega dun documento expedido polo empregador/a xunto cunha copia do contrato de traballo. O centro de traballo deberá estar determinado nunha localidade e enderezo concreto .
     
  •  Calquera outra documentación acredidativa para a adxudicación de puntos por outros conceptos recollidos dentro da normativa vixente (certificación de familia numerosa, minusvalías, etc...)
 
Aproveitamos a ocasión tamén para informarvos que a circunstancia correspondente ao “Criterio complementario do centro” é a que se indica a continuación:
 
  • Que o pai/nai sexa antigo alumno/a do centro (documentable polo propio Centro)
 
             Do mesmo xeito, recordámosvos a todos a importancia que ten manter os datos das familias, alumnos e alumnas correctamente actualizada. Para isto, pedímosvos que nos comuniquedes calquera modificación dos mesmos na Secretaría do centro (cambio de domicilio, nº de teléfonos, enderezos electrónicos, etc....)

             Un cordial saúdo.
 
                                                       A Administración