Parlamento Xuvenil Europeo

Esta fin de semana seis alumnos e alumnas de 4° DE ESO e 1° de Bach, tiveron a oportunidade de vivir unha experiencia extraordinariamente enriquecedora, non sen un esforzo e intenso traballo pola súa parte. Un total de 50 alumnos procedentes de oito centros de Galicia, da nosa cidade, de Santiago e de A Coruña, estiveron reunidos ao longo de varias sesións de traballo e repartidos en diferentes comisións temáticas. Debatiron e finalmente chegaron a conclusións colectivas sobre dereitos humanos, inmigración, igualdade de xénero, relacións internacionais, economía ou enerxías alternativas. Co inglés como lingua vehicular exclusiva fomos testemuñas do seu compromiso é interese, nesta fin de semana traballaron como poucas veces antes e aprenderon deles mesmos e de todos os demais.
 

Non só se require un dominio fluido do inglés senón outros recursos tan importantes, desenvoltura en situacións novidosas, capacidade de improvisación e adaptación, traballo en equipo. ... todo o que a vida lles vai a pedir nun futuro inmediato.
 

Todo foi organizado pola European Youth Parlamient, unha ONG con presencia en trinta e cinco estados da Unión Europea, a de onte foi a fase Galicia e a seguinte sehá en Mallorca no mes de abril.
 

Este foi o noso primeiro ano pero agardamos que haxa moitos máis, hoxe un pouco máis do habitual, estou enormemente orgulloso dos nosos rapaces e rapazas. Congratulations.

 

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2016/02/14/europarlamentarios-vigueses-16-anos/1404435.html