Admisión para o curso 2017-18

 

 

En breve abriranse os prazos de matrícula establecidos pola Consellería de Cultura e Educación para o curso 2017-2018, a Escola Rosalía de Castro ofrece un total de cincuenta prazas para os nenos e nenas nados no ano 2014 e que se incorporarían no 1º curso de Educación Infantil. Para todas aquelas familias interesadas en recibir información estableceremos uns días e horas de visita ao centro para coñecelo e satisfacer as súas inquedanzas sobre o funcionamento e características do Rosalía.
 
Asimesmo a Escola tamén dispón de vacantes en Educación Primaria, na Educación Secundaria Obrigatoria  e no Bacharelato.