CIRCUÍTO BABOLAT - DEPORTES CARLOS MIGUEL DE BADMINTON

Este domingo 22 de novembro de 2015 o Pavillón do Colexio Rosalía de Castro de Vigo acolleu a 2ª proba do CIRCUÍTO BABOLAT-DEPORTES CARLOS MIGUEL DE BADMINTON - Trofeo Escola Rosalía de Castro.
 
Excelente participación e bo ambiente nunha xornada de mañá intensa nas categorías de Sub-11, Sub-13, Sub-17 e Absoluto.
 
Máis de 100 partidos disputados entre as 10 e as 15 horas cun total de 140 participantes que se citaron en Vigo.
 
Destacar a actuación das nosas parellas doblistas que a pesar da súa bisoñez demostraron un excelente nivel.
 
Na categoría sub 11, Xosé M. García e Hugo Salgueiro caerían en cuartos de final ante ao cabo vencedores Sergio Abalde e Axel Cuiñas por 8-11 11-10 11-8 11-7, nun partido moi rifado e no que tiveron serias opcións de levar a vitoria.
 
Na categoría Sub 13, Héctor Rodríguez e o Sub 11, Martín Mosquera, realizarían tamén unha gran competición obtendo a 6ª praza final.
 
E en canto á participación feminina María Fuego facendo parella con María Retamar lograrían a 10ª praza final.
 
Por último, e dentro da participación Rosaliana, o técnico Jesús Gómez facendo parella con Manuel Pérez caerían na final absoluta por 3 xogos a 1 antes os xogadores do C.B. Rachaplumas Javier González e Brais Vila.
 
Destacar a evolución que, competición tras competición, van demostrando os nosos xogadores/as ante rivais que teñen moita máis experiencia e moitas máis horas de adestramento o que fai augurar un futuro cheo de éxitos para os nosos.
 
Tamén destacar o gran ambiente que se deu cita nas bancadas cunha gran afluencia de público.
 
A competición estivo organizada polo C. B. Rachaplumas de Vigo e contou coa colaboración da Escola Rosalía de Castro, C. B. Cíes, Deportes Carlos Miguel, Babolat, Trafema e Norfrío.