Circuíto Babolat

O pasado domingo tivo lugar nas instalacións deportivas da Escola Rosalía de Castro, a primeira proba do Circuíto Babolat - Deportes Carlos Miguel de Bádminton, na modalidade individual.

A competición desenvolveuse ininterrumpidamente entre as 9:00 horas e as 21:00 horas, con máis de 160 participantes e máis de 300 partidos.

Tamén destacar a importante afluencia de público o que provocou un gran ambiente nas gradas durante toda a xornada.

En canto ao papel dos nosos deportistas, indicar que na categoría Sub 11, Hugo Salgueiro obtería a medalla de bronce tras unha brillante competición na que foi de menos a máis unha vez liquidados os nervios iniciais. Pola súa banda, Héctor Rodríguez, dominaría a categoría Sub 13 B na que deixou mostras do seu potencial e que con traballo pode ser unha referencia do bádminton galego e nacional.

No que respecto ao resto dos integrantes do Club Rosalía debemos indicar que o papel foi máis que brillante xa que todos os seus participantes obterían algunha vitoria no transcurso da competición.

A seguinte proba será este próximo domingo 22 de novembro tamén no Polideportivo da Escola Rosalía de Castro.

Podedes consultar a información en clubescolarosaliabadminton.blogspot.com