Probas de Avaliación Individualizada

Prezados amigos/as:
 
              Como sabedes, o curso pasado 2014-15, tal e como estableceu a Consellería de Educación, realizáronselle as denominadas probas de Avaliación Individualizada ao alumnado de 3º de Ed. Primaria, pois ben, xa viron a luz os resultados das mesmas.
 
              No vindeiros días chegará á casa dos alumnos/as, que hoxe están en 4º de Ed. Primaria, o informe que nos remite a Consellería e no que se recollen os dous aspectos fundamentais que se avaliaron, as denominadas “competencias”. O resultados dos nosos nenos/as son excelentes, estando moi por encima da “media” dos centros do noso ISEC ( Índice Socioeconómico e Cultural).
 
              Por último, cabe salientar que este informe ten carácter informativo e orientador para os pais/nais ou titores legais. Non ten efectos académicos.
 
              Saúdos,
 
                                                               O Equipo Directivo