Contacontos

CONTACONTOS PARA PAIS/NAIS DE ED. INFANTIL

Dende os primeiros anos de vida, o neno debe ter un instrumento que lle axude a construír sólidas estruturas para a súa fantasía e que poida reforzar a súa capacidade de imaxinación. Para o neno é no conto onde se funden a fantasía e a realidade.

Xa hai uns anos que na nosa Escola abrimos ese momento ás familias, que se converten en contacontos por un día, enriquecendo o oído emocional dos nenos, sobre todo do seu fillo ou filla, quen se sente fascinado vendo ao seu pai ou nai noutro contexto diferente. Estes momentos nos que os pais se achegan con entusiasmo e moita xenerosidade á aula para lernos un conto, convértense en instantes que serán difíciles de esquecer, tanto para pais coma para nenos, sobre todo pola carga afectiva que ese acto ten para eles. Sen dúbida fan que se emocionen e se acheguen con ilusión a escoitar e a apreciar historias que serán difíciles de vivir, pero que enriquecerán a súa imaxinación e lles farán soñar.

Para todos aqueles pais que vos apeteza vivir a experiencia, poñemos á vosa disposición as aulas, organizadas da seguinte maneira:

* 3 anos: “Labradores” e “Mr. Mann”: os luns ás 9:00 h.
* 4 anos: “Camoens” e “Mariñeiros”: os xoves ás 9:00 h.
* 5 anos: “Concepción Arenal” e “Castelao”: os martes ás 9:00 h.

Tedes que falar cos titores para acordar a data.