Admisión de alumnado para o curso 2015-16

 

Prezadas familias:
 

Informámosvos de que o prazo para solicitar praza para o vindeiro curso escolar 2015-16 será dende o día 2 ao 23 de marzo, ambos inclusive. Achegámosvos uns arquivos Pdf co ANEXO II e o ANEXO A para presentar a solicitude. En calquera caso, a partir deste momento xa están ao voso dispór ditos impresos na Secretaría da Escola e na nosa páxina web.
 
As persoas interesadas en presentar a “Solicitude de praza” no centro, deberedes cubrir debidamente e asinar o Anexo II completo (4 follas) e presentalo na Secretaría da Escola dentro do prazo (con rexistro de entrada). Recordámosvos que a folla 4 do Anexo II, debedes asinala o pai e a nai, sempre que ambos formen parte da unidade familiar.
 
Ademáis, co fin de facillitar o cálculo das posibles puntuacións no caso de ter que baremar, por ter máis solicitudes que prazas ofertables, agradecémosvos que, xunto coa solicitude, acheguedes tamén a seguinte documentación:
 
  •  Fotocopia do D.N.I. do neno ou nena ou no seu caso fotocopia do Libro de Familia onde estea asentado o neno ou nena. En caso de ter irmáns no centro a fotocopia será do Libro de familia completo. 
  •   Certificado do Padrón Municipal da unidade familiar para adxudicación de puntos por proximidade de domicilio, se fose o caso (antigüidade mínima dun ano). 
  • No caso de proximidade do lugar de traballo do pai/ nai a achega dun documento expedido polo empregador/a xunto cunha copia do contrato de traballo. O centro de traballo deberá estar determinado nunha localidade e enderezo concreto.
     
  •   Calquera outra documentación acredidativa para a adxudicación de puntos por outros conceptos recollidos dentro da normativa vixente (certificación de familia numerosa, minusvalías, etc...)
 
Aproveitamos a ocasión tamén para informarvos que a circunstancia correspondente ao “Criterio complementario do centro” é a que se indica a continuación:
 
  • Que o pai/nai sexa antigo alumno/a do centro (documentable polo propio Centro)
 
 
A Administración